Día a día

Naturalmente, haberá cousas de Hernán que nunca saian á luz. moitas delas, íntimas, ou sinxelamente non destacables. Tamén haberá aqelas que se queden no tinteiro aínda que sexan representativas ou sinxelamente curiosas. Lembralas, chegar a elas, ... está ó alcance de calquera que tivera contacto coa persoa. Lembro unha pequena cousa persoal que afecta a dúas persoas que xa non están: Hernán e Portu.

Camiño do Incio, collemos o autobús en Lugo, e é cando me decato de que vou sen clarinete. Hernán non fixo máis que chamar a Portu (o nivel de clarinetista non tiña que ver co meu) de darlle a miña partitura. Eu vin actuar a banda unh actuación completa vestido co uniforme, cousa que lle ten pasado a pouca xente, e, ó tempo que se me fixo máis patente o que xa sabía, que era clarinete terceiro con partituras doadas, tamén me deixou o regusto de que o meu papel non deixaba de ser importante, cando un clarinete primeiro era sacado da súa labor para facer o que eu tería que facer (é dicir, en certo xeito, era máis importante que un clarinete 1º), o que encheu o meu ego, e depende como, pode considerarse como unha leción de pedagoxía.

Chuzame! chúzame -

One Response a “Día a día”

  1. fuji Says:

    Ese concepto pedagoxico de que todo o noso traballo tiña o mesmo valor é unha das cousas mais bonitas que nos legou o mister, de feito lembro que cando os clarinetes se enfadaban (sempre se enfadan os primeiros cos terceiros xamais entenderei o do ego dos músicos) sempre lles dicia que todos cobraban o mesmo, e dicir nada, asi que non tiña sentido. Fomentar a competencia salvaxe con esas cousas pode ser perigoso a longo prazo. Ese concepto de equipo e grupo como obxectivo común. Ogallá nunca xamais se perda…como moitas outras cousas

Leave a Reply

It sounds like SK2 has recently been updated on this blog. But not fully configured. You MUST visit Spam Karma's admin page at least once before letting it filter your comments (chaos may ensue otherwise).