Día a día

Naturalmente, haberá cousas de Hernán que nunca saian á luz. moitas delas, íntimas, ou sinxelamente non destacables. Tamén haberá aqelas que se queden no tinteiro aínda que sexan representativas ou sinxelamente curiosas. Lembralas, chegar a elas, … está ó alcance de calquera que tivera contacto coa persoa. Lembro unha pequena cousa persoal que afecta a dúas persoas que xa non están: Hernán e Portu.

Camiño do Incio, collemos o autobús en Lugo, e é cando me decato de que vou sen clarinete. Hernán non fixo máis que chamar a Portu (o nivel de clarinetista non tiña que ver co meu) de darlle a miña partitura. Eu vin actuar a banda unh actuación completa vestido co uniforme, cousa que lle ten pasado a pouca xente, e, ó tempo que se me fixo máis patente o que xa sabía, que era clarinete terceiro con partituras doadas, tamén me deixou o regusto de que o meu papel non deixaba de ser importante, cando un clarinete primeiro era sacado da súa labor para facer o que eu tería que facer (é dicir, en certo xeito, era máis importante que un clarinete 1º), o que encheu o meu ego, e depende como, pode considerarse como unha leción de pedagoxía.

One Response to “Día a día”

  1. fuji di:

    Ese concepto pedagoxico de que todo o noso traballo tiña o mesmo valor é unha das cousas mais bonitas que nos legou o mister, de feito lembro que cando os clarinetes se enfadaban (sempre se enfadan os primeiros cos terceiros xamais entenderei o do ego dos músicos) sempre lles dicia que todos cobraban o mesmo, e dicir nada, asi que non tiña sentido. Fomentar a competencia salvaxe con esas cousas pode ser perigoso a longo prazo. Ese concepto de equipo e grupo como obxectivo común. Ogallá nunca xamais se perda…como moitas outras cousas